6 POEMES EN GALEGO

Ésta ye la versión en galego de seis de los mios poemes escritos, orixinalmente, en llingua asturiana.

DE NOITE

Esta noite o meu tempo é unha apagada
borralla da vida. Compañeiro da señardade
sei que todos os posíbeis versos
son resume meu.

 

O PRIMEIRO LIBRO

Abrín o outro día un libro que lera de mui cativo; expresaba e enhalaba nas frases tan novo como daquela; maguer, eso si, o lector xa non foi quen de evitar un aborrecido pigarzo. 

 

PASEO CABO DO RÍO TRUBIA

A xeito ando na compaña do río polo mesmo carreiro que atopara de neno. A sombra das árbores vérquese oblicua. A lúa esvara por entre as xunqueiras, a alumar a pedra silente e a agua que discorre. Nomes que xacuando pronunciei volven outra volta con acento descoñecido, e as imaxes xa imprecisas do que vira nos años, crúzanse por diante do meu paso, como as follas orfas que rodan para o terrén, camín dos artos ou dalgunha poza inclemente.

Canso, boto a andar cara ese brillo apegado a unha corrada achegada, mentres unhas nubres atristalladas van, a modo, enchendo o carreiro.

 

RÍO TRUBIA

Déixame na túa xeografía

de contacto co ar sen tempo;

déixame como cando cativo soñar espido,

imaxinar as túas afluencias elementales.

Trubia de augas de aceiros,

déixame remexer na fresca corrente

o pensamento que volta para os inicios,

para o teu camiño como río pai dos pais.

Os teus milenios de sedimentos,

a túa arteria verde nas beiras,

veñen da mesma chovisna de onde proveño;

dun vello esconxuro de pedra,

dunha pregada maternidade de caliza,

da cárstica morfoloxía do silenzo.

 

DA NOSA VIAXE

Da que abras a máis afastada porta
e na media luz nada aches,
xusto daquela, poderíamos usar a letra
máis perceptíbel nas tan lidas páxinas
da nosa viaxe, esa que no agochado
dunhas valiñas sen lembranza
esgota o viño agro do desamor

 

 

LAS AGÜERAS 

 O ábrigo ha vir, a modiño,

desde L.linares e de Rundeiros,
coa tristura das faias

e de acivro os alentos,
a esgazar outra volta nube

e silenzos: que quere facer
mil espellos da lúa

que baña o seu crecente eterno.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s